Inicio > Música > WOS Festival 2026

WOS Festival 2026

11/09/2026 - 13/09/2026

WOS Festival é un evento indoor de carácter anual que se celebra no mes de setembro en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela. O festival presenta un amplo programa multidisciplinar cun enfoque en música electrónica e avant-garde, artes visuais, cinema, instalacións, talleres e conferencias.

O evento defende unha visión ampla da cultura alternativa que permite abordala desde múltiples perspectivas, albergando na súa programación innovadoras propostas en torno ao risco e a exploración onde teñen protagonismo destacados artistas internacionais en contextos únicos, creando así unha atmosfera irrepetible en cada actividade. WOS Festival é un proxecto da axencia creativa especializada en xestión cultural WORK ON SUNDAY e nace en 2016 co obxectivo de converterse nunha cita de referencia a nivel internacional.

A programación inclúe sete concertos audiovisuais, entre os que destacan cinco estreas en España: m ? tr, o novo proxecto audiovisual de Paul Jebanasam; Friction, de Slikback feat. maltdisney & Tasya; e os novos espectáculos audiovisuais de Space Afrika, Visible Cloaks e Yu Su . A eles súmase a estrea mundial do novo concerto audiovisual de Blood of Aza. Jokkoo Collective completa este bloque coa  presentación de Organic Intelligence. 

Este primeiro avance incorpora ademais a presentación por primeira vez en España dos novos álbums de Ana Roxanne, Juli Deák e Shackleton. Completan a selección de directos Polygonia e Eerie Enterprise, o proxecto conxunto de Piezo e upsammy. 

A programación complétase cos DJ sets de Lee Gamble, Mor Elian, JASSS e gyrofield, catro nomes que representan distintas sensibilidades dentro da escena electrónica internacional contemporánea.

 

+ info: wosfestival.es

 

Fecha de inicio: 2026-09-11

Fecha de fin: 2026-09-13

Organizador:

Lugar: