Inicio > Deportivos > V Edición. Andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha Contra o Cancro

V Edición. Andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha Contra o Cancro

26/09/2026 - 26/09/2026

A Asociación Española Contra o Cancro organiza o sábado 26 de setembro a V Edición da andaina solidaria Santiago de Compostela En Marcha Contra o Cancro, unha iniciativa aberta a familias, amizades, veciñanza e mascotas para apoiar a loita contra o cancro.

A xornada combinará a andaina solidaria con outras actividades, entre elas o espazo «Ciencia para todos», no que investigadores e investigadoras ofrecerán divertidos experimentos para todos os públicos, e unha sesión de zumba solidaria.

O percorrido, de 5 quilómetros, terá a saída e a chegada no Paseo Central da Alameda. O circuíto realizarase dúas veces e percorrerá o Paseo da Ferradura, a avenida de Compostela, a avenida das Burgas, a avenida do Profesor Legaz Lagambra e a avenida de Antonio Raimundo Ibáñez, antes de regresar á Alameda.

A inscrición ten un prezo de 5 euros para nenos e nenas de ata 12 anos e de 10 euros para adultos. A inscrición inclúe a camiseta oficial da andaina e un dorsal personalizable, no que cada participante poderá indicar a quen dedica a súa participación.

As inscricións poden realizarse a través da web do evento, na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela e no departamento de deportes de El Corte Inglés de Santiago. Tamén será posible inscribirse o propio día da andaina, ata media hora antes do comezo.

As persoas que non poidan participar presencialmente tamén poden colaborar a través do Dorsal 0.

Os fondos recadados destinaranse á investigación oncolóxica e a manter os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.

Data: sábado, 26 de setembro de 2026.
Hora de saída: 10.00 h.
Lugar de saída e chegada: Paseo Central da Alameda.
Percorrido: 5 km, realizado dúas veces.
Prezo: 5 € ata 12 anos e 10 € adultos.
Información: 981 576 479.

 

Fecha: 2026-09-26

Organizador: Parque de la Alameda

Lugar: Rúa do Campiño da Ferradura , Santiago de Compostela, 15705