Inicio > Teatro > Un deus salvaxe

Un deus salvaxe

18/10/2026 - 18/10/2026

Dous matrimonios, adultos e aparentemente civilizados, reúnense para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles rompeulle dous dentes ao outro durante unha pelexa no parque.

O que comeza como unha conversa cordial entre pais axiña deriva nunha afiada sátira sobre a sociedade contemporánea. Con humor e intelixencia, Yasmina Reza disecciona as relacións de parella, a educación, a competitividade e, sobre todo, os límites da corrección política.

A obra está protagonizada por María Ordoñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, baixo a dirección de Artur Trillo.

 

Fecha: 2026-10-18

Organizador: Teatro Compostela

Lugar: A Coruña