Tiwayo
11/11/2026 - 11/11/2026
O Outono Códax Festival continúa a súa XVI edición en Riquela Club coa actuación de Tiwayo, un dos nomes máis singulares do soul contemporáneo.
Francés de nacemento, texano por adopción musical e cunha voz de alma blues, Tiwayo é un espírito libre que percorreu rúas e escenarios de todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel que dan forma á súa música.
A súa historia nace dunha viaxe a Memphis, onde un veterano músico cajún de blues quedou sorprendido pola combinación entre a súa xuventude e a profundidade da súa voz, bautizándoo como “The Young Old”. De volta a Francia, aquelas iniciais transformáronse no nome artístico co que desenvolve unha carreira marcada pola autenticidade e a emoción.
Organizador: Riquela Club
Lugar: Rúa do Preguntoiro, 35, Santiago de Compostela, 15704