The Fuzztones
24/11/2026 - 24/11/2026
O Outono Códax Festival recibe unha das grandes lendas do garage rock internacional coa actuación de The Fuzztones.
Liderada por Rudi Protrudi, a banda neoiorquina leva máis de catro décadas revolucionando os escenarios cunha explosiva mestura de garage, psicodelia e rock and roll primitivo. O seu característico son, marcado polo órgano Vox Continental e as guitarras cargadas de fuzz, converteunos nunha referencia mundial do revival garage.
Con discos xa míticos como Lysergic Emanations, In Heat ou Monster A Go-Go, The Fuzztones manteñen intacta a súa reputación como unha das bandas de directo máis intensas e magnéticas do xénero.
Organizador: Sala Capitol
Lugar: Rúa de Concepción Arenal, 5, Santiago de Compostela, 15702