Inicio > Música > Taïn

Taïn

11/09/2026 - 11/09/2026

Taïn chega a Santiago para presentar La Rendición, o seu novo EP, dentro do ciclo Novos Pulsos.

Cunha voz intensa e un son de guitarra que se move entre o pop rock e o punk, as súas cancións exploran emocións como o amor, a ansiedade, a culpa ou a procura dun lugar propio. Tras o seu primeiro álbum, Amor Subterráneo, presenta catro novos temas que falan de deixar de loitar contra todo, aceptar a vulnerabilidade e aprender a soltar.

O concerto forma parte de Novos Pulsos, un ciclo que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e Concertos do Xacobeo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

 

Fecha: 2026-09-11

Organizador: Riquela Club

Lugar: Rúa do Preguntoiro, 35, Santiago de Compostela, 15704