Inicio > Visitas guiadas > Semana do Patrimonio Invisible 2026

Semana do Patrimonio Invisible 2026

07/09/2026 - 11/09/2026

Do 7 ao 11 de setembro, Compostela celebra a oitava edición da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa do Concello de Santiago, a través de Compostela Cultura, que permite descubrir espazos e elementos do patrimonio da cidade habitualmente pechados ao público ou de acceso restrinxido.

O programa inclúe visitas guiadas en grupos reducidos a dez espazos singulares: o Convento do Carme, o Pazo de Bendaña-Fundación Granell, As Orfas, o Pazo Arcebispal, o Pazo de Raxoi, a Casa da Parra, o Auditorio de Galicia, o Museo do Pobo Galego, as escavacións da Catedral e os Mananciais de Compostela. A programación pecharase coa tradicional visita secreta, cuxo destino non se desvelará ata o momento do encontro.

A edición de 2026 incorpora cinco novos espazos: o Convento do Carme, As Orfas, o Pazo de Bendaña-Fundación Granell, o Museo do Pobo Galego e o lugar da visita secreta. A proposta permite percorrer diferentes épocas, arquitecturas e relatos da historia de Compostela, desde as orixes da cidade apostólica baixo a Catedral ata os antigos sistemas de abastecemento de auga ou a arquitectura contemporánea do Auditorio de Galicia.

Todas as visitas son gratuítas e requiren inscrición previa. As reservas estarán dispoñibles a partir do venres 4 de setembro, ás 12.00 horas, en patrimonioinvisible.gal e compostelacultura.gal. Cada solicitante poderá reservar unha visita para un máximo de dúas persoas.

 

Fecha de inicio: 2026-09-07

Fecha de fin: 2026-09-11

Organizador:

Lugar: