Real Filharmonía de Galicia – O bosque de Grimm
31/10/2026 - 31/10/2026
A Real Filharmonía de Galicia presenta un concerto familiar que combina música, teatro e imaxe dentro dunha proposta escénica pensada para todos os públicos. Unha experiencia na que a orquestra en directo dialoga coas artes escénicas para achegar a música clásica á infancia e ás familias desde unha linguaxe accesible e emocional.
O bosque de Grimm, de La Maquiné, inspírase no universo dos contos de fadas recompilados por Perrault e os irmáns Grimm, tomando como base a suite Ma mère l’Oye de Maurice Ravel. A través de teatro xestual, monicreques e proxeccións, a obra percorre historias como Carapuchiña Vermella, Polgariño, Brancaneves ou A Cincenta, nunha viaxe poética polo bosque da fantasía. O espectáculo terá lugar o sábado 31 de outubro no Auditorio de Galicia ás 18:00 h.
Organizador: Auditorio de Galicia
Lugar: Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela, 15782