Real Filharmonía de Galicia – Memoria
01/10/2026 - 01/10/2026
A Real Filharmonía de Galicia inaugura a súa tempada baixo o título Memoria, unha proposta que establece un diálogo entre a música do século XX e o folclore de distintas tradicións europeas. O programa pon o foco na conexión entre creación contemporánea, memoria cultural e grandes obras do repertorio sinfónico, nunha lectura que explora a emoción e a identidade a través do son.
O concerto reúne dúas obras fundamentais do repertorio orquestral. Por unha banda, Folk Songs de Luciano Berio, escrita en 1964 para a mezzosoprano Cathy Berberian e convertida nunha peza clave da música vocal do século XX, interpretada nesta ocasión por Katrin Wundsam. Na segunda parte, a Sinfonía núm. 4 en Sol maior de Gustav Mahler, unha das súas obras máis luminosas, pecha o programa cunha visión idealizada do paraíso. O concerto terá lugar o xoves 1 de outubro no Auditorio de Galicia ás 20:00 h, con previa conversa con Baldur Brönnimann na Sala Mozart ás 19:15 h.
Organizador: Auditorio de Galicia
Lugar: Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela, 15782