Real Filharmonía de Galicia – Concertos nos barrios de Santiago de Compostela
18/09/2026 - 18/09/2026
A Real Filharmonía de Galicia continúa coa nova edición dos Concertos nos Barrios, unha iniciativa que leva a música sinfónica fóra do Auditorio para achegala aos distintos espazos da cidade. Cun formato gratuíto, próximo e aberto a todos os públicos, estes encontros permiten descubrir a orquestra desde unha experiencia máis directa e participativa.
Nesta ocasión, o concerto terá lugar no Centro Comercial Área Central (Fontiñas) o 18 de setembro ás 20:00 h, baixo a dirección de César Ramos. Nun formato comentado e accesible, a RFG propón un percorrido polos principais eixes da tempada nun encontro de entrada libre ata completar capacidade, reforzando o vínculo entre música clásica e cidadanía.
Organizador: Área Central
Lugar: Rúa de Lisboa 10A, Santiago de Compostela, 15707