Real Filharmonía de Galicia – Concertos nos barrios de Santiago de Compostela
17/09/2026 - 17/09/2026
A Real Filharmonía de Galicia continúa coa nova edición dos Concertos nos Barrios, unha iniciativa que leva a música sinfónica fóra do Auditorio para achegala aos distintos espazos da cidade. Cun formato gratuíto, próximo e aberto a todos os públicos, estes encontros permiten descubrir a orquestra desde unha experiencia máis directa e participativa.
Nesta ocasión, o concerto terá lugar na Igrexa de Santa María da Mercé de Conxo o 17 de setembro ás 20:00 h, baixo a dirección de César Ramos. Nun formato comentado e accesible, a RFG propón un percorrido polos principais eixes da tempada nun encontro de entrada libre ata completar capacidade, reforzando o vínculo entre música clásica e cidadanía.
Organizador: Monasterio e Iglesia de Santa María de Conxo
Lugar: Rúa do Campo de Conxo, Santiago de Compostela, 15706