Rafael Baltar. Testemuña dun tempo
14/07/2026 - 27/09/2026
Esta exposición percorre algúns dos momentos clave da cultura arquitectónica galega do último terzo do século XX a través da figura do arquitecto Rafael Baltar (1933-2004), unha das personalidades máis relevantes deste período de transformación marcado pola chegada da democracia e polos novos enfoques na arquitectura e na cultura galegas.
A mostra reúne documentación, escritos e materiais relacionados coa súa traxectoria profesional e co impulso de institucións fundamentais como o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ou o Museo do Pobo Galego, do que foi o primeiro socio e membro activo da súa Xunta Xestora e Padroado.
Fecha de inicio: 2026-07-14
Fecha de fin: 2026-09-27
Organizador: Museo do Pobo Galego
Lugar: San Domingos de Bonaval s/n, Santiago de Compostela, 15703