Os adeuses: Fotografías de Alberto Martí
07/09/2026 - 31/10/2026
A Facultade de Filoloxía acolle a exposición Os adeuses: Fotografías de Alberto Martí, coordinada por José Caruncho.
A mostra reúne unha selección de 26 fotografías en branco e negro que documentan o éxodo migratorio galego cara ás Américas entre 1957 e 1963, a través dos portos da Coruña e Vigo. As imaxes de Alberto Martí recollen momentos de partida, separación, esperanza, incerteza e regreso, converténdose nun dos testemuños visuais máis significativos da emigración galega do século XX.
Organizada en tres seccións —A Ida, A Volta e O Buque Santa María—, a exposición aborda as experiencias das persoas emigrantes e das súas familias e afonda na relevancia histórica do Santa María, o buque de pasaxeiros secuestrado en 1961 pola Dirección Revolucionaria Ibérica de Liberación (DRIL).
Fecha de inicio: 2026-09-07
Fecha de fin: 2026-10-31
Organizador: Facultad de Filología
Lugar: Avenida de Castelao, 42-54, Santiago de Compostela, 15782