Inicio > Infantiles > O cociñeiro Martiño e o misterio das cenorias desaparecidas

O cociñeiro Martiño e o misterio das cenorias desaparecidas

26/09/2026 - 26/09/2026

Celebramos o Día Europeo das Linguas con este contacontos en galego e portugués, da man de Iago López. No castelo están de celebración porque o rei fai anos, e o cociñeiro Martiño quere prepararlle a súa mellor torta: unha torta de cenorias. Pero, cando sae a buscalas, descobre que desapareceron. Comeza así un divertido misterio que haberá que resolver. De 3 a 8 anos | Entrada de balde ata completar aforo.

Fecha: 2026-09-26

Organizador: Biblioteca Pública Ánxel Casal

Lugar: Avenida de Xoán XXIII, Santiago de Compostela, 15704