Inicio > Teatro > Moi Animal · Xosé A. Touriñán

Moi Animal · Xosé A. Touriñán

29/11/2026 - 29/11/2026

Somos animais. Aínda que ás veces nos empeñemos en disimulalo.

En MOI ANIMAL, Xosé A. Touriñán bota unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: amámolas, comémolas, humanizámolas, protexémolas, vestímolas… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos matalo sen remordementos.

Un monólogo en clave de humor sobre os animais que, en realidade, fala de nós, das nosas contradicións e da nosa particular maneira de relacionarnos co mundo animal.

 

Fecha: 2026-11-29

Organizador: Auditorio de Galicia

Lugar: Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela, 15782