Inicio > Teatro > Misery

Misery

14/11/2026 - 14/11/2026

Carmen Conesa dá vida á enfermeira Annie Wilkes, unha obsesiva admiradora das novelas de Paul Sheldon, interpretado por Marcial Álvarez. Tras sufrir un aparatoso accidente de coche, o escritor é rescatado por Annie, pero o que semella un acto de salvación convértese axiña nun perigoso xogo de poder no que a creación literaria pasa a ser unha cuestión de supervivencia.

Baixo a dirección de Jose Saiz e cun elenco formado por Carmen Conesa, Marcial Álvarez e Alberto Vázquez, ‘Misery’ chega ao escenario nunha adaptación teatral da coñecida novela de Stephen King.

 

Fecha: 2026-11-14

Organizador: Auditorio Abanca

Lugar: Rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela, 15782