Inicio > Música > Miguel Araújo

Miguel Araújo

19/12/2026 - 19/12/2026

O músico portugués Miguel Araújo chega a Compostela dentro do ciclo Fiestra Aberta cunha proposta íntima concibida para teatros e salas de pequeno formato. Só con voz e piano acústico, o artista percorrerá o seu repertorio combinando as cancións coas historias, inspiracións e anécdotas que hai detrás delas.

Autor de cancións como Anda comigo ver os aviões, Os maridos das outras, Quem és tu miúda, Dona Laura, Balada Astral ou Pica do sete, Araújo é unha das figuras máis destacadas da música portuguesa contemporánea.

 

Fecha: 2026-12-19

Organizador: Teatro Principal

Lugar: Rúa Nova, 22, Santiago de Compostela, 15705