"Meigas, habelas hainas" o Musical
31/10/2026 - 31/10/2026
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle o musical Meigas, unha produción ambientada nun pobo galego envolto en néboa, lendas e tradición, onde a maxia ancestral e a resistencia feminina cobran todo o protagonismo.
A historia segue a Iria, unha nova bruxa que aínda está a descubrir o seu poder, e a Uxía, filla de pescadores cunha mirada racional e profundamente humana. Xunto a elas, un aquelarre de personaxes femininas —Branca, Maruxa e o espírito da chuvia Solaina— enfróntase á hostilidade da vila e á figura do sacerdote Ramón.
A través de rituais, música e elementos da tradición galega, Meigas aborda temas como o medo, a persecución, a memoria colectiva e a forza dos vínculos entre mulleres, nun espectáculo musical cheo de emoción, simbolismo e forza escénica.
Organizador: Teatro Compostela
Lugar: A Coruña