Inicio > Exposiciones > Manolo Laguillo. Galicia urbana

Manolo Laguillo. Galicia urbana

23/10/2026 - 03/01/2027

O CGAC presenta a exposición “Manolo Laguillo. Galicia urbana”, un proxecto realizado polo fotógrafo madrileño Manolo Laguillo entre 2025 e 2026 por encargo do propio centro para a súa incorporación á colección.

A mostra reúne fotografías que documentan o impacto dos elementos construtivos urbanos e dos procesos industriais e económicos na transformación da paisaxe galega. O proxecto establece un diálogo entre espazos rurais en proceso de urbanización, infraestruturas, canteiras, industrias e contornas urbanas, mostrando as tensións entre natureza, arquitectura, construción e transformación do territorio.

 

Fecha de inicio: 2026-10-23

Fecha de fin: 2027-01-03

Organizador: CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)

Lugar: Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5, Santiago de Compostela, 15703