Inicio > Música > Kitty, Daisy & Lewis + Skanderani

Kitty, Daisy & Lewis + Skanderani

07/11/2026 - 07/11/2026

O Outono Códax Festival arrinca a súa XVI edición cunha noite protagonizada polo talento e a mestura de estilos na Sala Capitol.

O trío londiniense Kitty, Daisy & Lewis chega a Santiago coa súa combinación única de blues, soul, folk, country, rockabilly e rock and roll. Os tres irmáns Durham destacan pola súa versatilidade instrumental e por uns directos nos que intercambian voces e instrumentos para crear unha viaxe polos sons vintage.

A banda galega Skanderani, con base na Estrada, completará a noite coa súa proposta de psicodelia afropunk con raíces arábigas. Un directo hipnótico e festivo no que conviven batería, baixo distorsionado, guitarras, sintetizadores e samplers, nun ritual sonoro influenciado por nomes como Mulatu Astatke, Fela Kuti ou Tom Waits.

 

Fecha: 2026-11-07

Organizador: Sala Capitol

Lugar: Rúa de Concepción Arenal, 5, Santiago de Compostela, 15702