Kevin Johansen + Liniers

25/09/2025 - 25/09/2025
Kevin Johansen + Liniers traen a MARÉ un espectáculo único onde música e ilustración se atopan en tempo real. Mentres Kevin ofrece o seu universo sonoro mestizo, cheo de humor, emoción e ritmos diversos, o lustrador arxentino Liniers debuxa en directo, creando imaxes que dialogan coa música e lle dan unha nova dimensión escénica. Un concerto vivo, inesperado e cheo de beleza, onde a canción e o debuxo bailan xuntos sobre o escenario.
Organizador: Sala Capitol
Lugar: Rúa de Concepción Arenal, 5, Santiago de Compostela, 15702