Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes
25/09/2026 - 21/02/2027
O CGAC presenta Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes, unha exposición que percorre a obra dun dos grandes nomes da Arte Povera e afonda na relación do artista co mar, a viaxe, a memoria e o paso do tempo.
Nado no Pireo (Grecia) en 1936 e figura esencial da arte contemporánea, Kounellis concibía a súa obra como unha escavación na memoria, unha relectura crítica do pasado desde unha linguaxe radicalmente actual.
A mostra reúne instalacións e pezas que evocan a viaxe, as migracións e os transportes marítimos como símbolos de intercambio cultural e transformación. Velas, estruturas de aceiro e fragmentos de embarcacións recuperan a memoria do mar e dos obxectos, reflexionando sobre a pegada humana e a dimensión poética perdida da viaxe na era industrial.
Un labirinto entendido como viaxe interior, como procura dunha identidade e dun centro perdido.
Exposición coproducida con Es Baluard Museu, coa colaboración de KEWENIG, Palma/Berlín e Archivio Kounellis.
Fecha de inicio: 2026-09-25
Fecha de fin: 2027-02-21
Organizador: CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)
Lugar: Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5, Santiago de Compostela, 15703