Inicio > Festival > Hola Nola Lab-Festival 2026

Hola Nola Lab-Festival 2026

11/09/2026 - 19/09/2026

Hola Nola Lab-Festival nace como un acontecemento aberto e imprevisible, un espazo de encontro onde músicos e público comparten escenario, experiencias e conversacións arredor da música e da cultura. 

Cunha programación ecléctica e sen fronteiras, o festival aposta pola mestura de estilos e influencias, desde os sons máis próximos ata expresións musicais universais, afastándose de etiquetas e elitismos para reivindicar a música como unha experiencia popular, diversa e compartida.

Ademais dos concertos, Hola Nola Lab-Festival incorpora conversas culturais arredor da música, os seus contextos e as súas múltiples derivadas, guiadas por xornalistas musicais de referencia. Un diálogo horizontal entre artistas e público que busca crear unha comunidade baseada na curiosidade, o intercambio e o descubrimento.

Do 16 ao 19 de setembro de 2026, Santiago de Compostela converterase nun laboratorio vivo de sons e ideas, cun programa que reúne concertos, encontros e actividades paralelas en diferentes espazos da cidade.

Programa de concertos:

Sala Riquela

  • 16 de setembro: Madisen Ward
  • 17 de setembro: Louis Ford
  • 18 de setembro: Hola Nola Band

Sala Borriquita de Belém

  • 17 de setembro: Al Blanco & El Peli
  • 18 de setembro: Sinouj

Sala Capitol

  • 19 de setembro: Caamaño Ameixeiras

Os concertos da Sala Borriquita de Belém serán de acceso exclusivo para persoas con abono. Non haberá venda de entradas individuais para estas actuacións.

 

 

Fecha de inicio: 2026-09-11

Fecha de fin: 2026-09-19

Organizador:

Lugar: