Harta
24/10/2026 - 24/10/2026
HARTA é un unipersoal multidisciplinar e un monólogo migratorio baseado en historias reais. A través do teatro, o audio e o vídeo, a actriz percorre a migración da súa avoa, de Galicia a Bos Aires durante a Guerra Civil española, establecendo un paralelismo coa súa propia experiencia migratoria, na actualidade e en sentido inverso.
Unha proposta que combina drama, comedia e reflexión arredor da migración, das súas motivacións e da forma en que somos recibidos noutros lugares.
Organizador: Teatro do Camiño
Lugar: Rúa de José Antonio Souto Paz, Santiago de Compostela, 15702