Feminino doméstico
28/05/2026 - 31/12/2026
A Fundación Eugenio Granell acolle a exposición Feminino doméstico da artista Amparo Segarra, un proxecto comisariado por Eduardo Valiña que revisa a súa produción artística a través da colaxe e dunha mirada crítica sobre o xénero, o exilio e o espazo doméstico.
A mostra explora cuestións como o desequilibrio de xénero, as imposicións do patriarcado ou a relación entre identidade e territorio mediante composicións cargadas de ironía, humor e reflexión social. A través dunha linguaxe visual construída desde a experiencia itinerante e o ámbito íntimo, Amparo Segarra converte a colaxe nunha ferramenta de denuncia e análise feminista.
Fecha de inicio: 2026-05-28
Fecha de fin: 2026-12-31
Organizador: Museo-Fundación Eugenio Granell
Lugar: Praza do Toural 8, Santiago de Compostela, 15705