Inicio > Visitas guiadas > Diálogo cos espazos de Begoña Caamaño

Diálogo cos espazos de Begoña Caamaño

11/09/2026 - 11/09/2026

O Galo inicia a súa programación cunha homenaxe a Begoña Caamaño, escritora, xornalista, sindicalista e feminista, a través dun roteiro-coloquio por diferentes espazos de Santiago vinculados á súa vida e á súa obra.

O percorrido contará con catro paradas en lugares que Begoña Caamaño frecuentaba e nos que Amanda Álvarez, Purificación Cabido, Marta Dacosta e Marga do Val achegarán diferentes perspectivas sobre a súa traxectoria vital, profesional, literaria e o seu compromiso social e feminista. O roteiro está concibido como un espazo aberto ao diálogo, no que as persoas participantes poderán realizar achegas e preguntas.

Begoña Caamaño Rascado (Vigo, 14 de outubro de 1964 – Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014) desenvolveu unha ampla traxectoria no xornalismo e na comunicación galega. Traballou en medios como Radio Popular, Radio del Noroeste, a Axencia de Noticias de Galicia, El Sol e A Nosa Terra, e desde finais dos anos oitenta formou parte da Radio Galega, onde participou en programas culturais e nos servizos informativos.

A súa actividade profesional estivo acompañada dun forte compromiso sindical e social. Participou no I Congreso do Sindicato de Información de Galiza e formou parte dos órganos de representación dos traballadores da Radio Galega e da Corporación de Radio e Televisión de Galicia.

 

Fecha: 2026-09-11

Organizador:

Lugar: Rúa de San Pedro, Santiago de Compostela, 15703