Concurso Internacional de Canto Compostela Lírica
04/12/2026 - 05/12/2026
Os días 4 e 5 de decembro celebrarase a novena edición do Concurso Internacional de Canto Compostela Lírica, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC).
O concurso ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento artístico de novos intérpretes e facilitar o seu primeiro contacto co ámbito profesional, ofrecéndolles oportunidades de actuación e experiencia escénica en diferentes contextos musicais.
A iniciativa conta co patrocinio e colaboración de diversas institucións e entidades culturais, entre elas a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, o Consello da Cultura Galega, o Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia.
Fecha de inicio: 2026-12-04
Fecha de fin: 2026-12-05
Organizador:
Lugar: