Inicio > Música > Concertos nos barrios

Concertos nos barrios

24/09/2025 - 24/09/2025

Os Concertos nos Barrios son unha iniciativa da Real Filharmonía de Galicia coa que se busca achegar a música sinfónica a todos os recunchos de Santiago, levando a orquestra fóra do Auditorio para conectala directamente coa cidadanía.

Nestes concertos preséntanse os contidos da nosa tempada, cun formato máis próximo e comentado polo propio director, Baldur Brönnimann. Con esta proposta, a orquestra quere rachar os muros invisibles que afastan a moitas persoas da música clásica e demostrar que esta forma de arte é de todas e para todas as persoas. Música, diálogo e proximidade convértense así en ferramentas para construír unha cidadanía máis cohesionada, aberta e culturalmente activa.

Baldur Brönnimann, director

PROGRAMA

  • Cometa: Encarga a Juan Durán. Estrea absoluta

  • Wolfgang Amadeus Mozart: Abertura de As vodas de Fígaro

  • Edward Elgar: Salut d’amour, Op. 12

  • Antonín Dvo?ák: Serenata en re menor, op. 44, B. 77 (1º e 2º mov.)

  • Louise Farrenc: Sinfonía nº 3 en sol menor, Op. 36 (1º mov.)

  • Wojciech Kilar: Orawa

  • Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 1 en do maior, Op. 21 (1º mov.)

 

Fecha: 2025-09-24

Organizador: Casa das Máquinas

Lugar: Santiago de Compostela, 15705