Inicio > Exposiciones > Compostella Expeditio

Compostella Expeditio

23/09/2026 - 31/10/2026

Como era a Compostela medieval? Compostella Expeditio propón unha viaxe inmersiva en realidade virtual para descubrir a cidade do século XIII da man do Mestre Mateo.

A experiencia permite subir ao andamio desde o que se construía o Pórtico da Gloria, participar nas tarefas da súa construción e contemplar a Praza do Obradoiro tal e como era na época. O percorrido recrea, a partir de documentación histórica e científica, espazos desaparecidos como a muralla mandada construír polo bispo Cresconio ou a antiga Rúa do Vilar, ademais de transportar ás persoas visitantes ao mercado medieval da Quintana.

Equipadas con dispositivos de realidade virtual de última xeración, as persoas participantes poderán percorrer libremente os distintos espazos, interactuar coa contorna e compartir a experiencia en pequenos grupos.

O proxecto, desenvolvido polo estudio galego Maxina, dirixido por Carlos Seijo, en colaboración con Afundación e distribuído por Empiriens, combina recreación histórica, tecnoloxía inmersiva e divulgación para ofrecer unha nova forma de descubrir a historia de Santiago de Compostela.

 

 

Fecha de inicio: 2026-09-23

Fecha de fin: 2026-10-31

Organizador: Sede Afundación Santiago de Compostela

Lugar: Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela, 15705