Inicio > Visitas guiadas > Compostela no cambio de século: unha cronoloxía da modernidade

Compostela no cambio de século: unha cronoloxía da modernidade

17/09/2026 - 17/09/2026

Un roteiro para descubrir como era a Compostela de finais do século XIX e coñecer as transformacións que marcaron o paso ao século XX. A Exposición Rexional de 1909, o modernismo, o nacemento do Galeguismo e a Xeración Nós, o Estatuto de Autonomía e os novos horizontes conquistados polas mulleres forman parte deste percorrido pola Compostela que comezaba a converterse nunha cidade moderna. Para público xuvenil e adulto | Máximo 30 participantes | Convite de balde, dispoñible no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo.

Fecha: 2026-09-17

Organizador: Biblioteca Pública Ánxel Casal

Lugar: Avenida de Xoán XXIII, Santiago de Compostela, 15704