Clara Cantore

25/09/2025 - 25/09/2025
A cantante, baixista e produtora arxentina Clara Cantore realizará unha residencia artística en Santiago de Compostela entre setembro e outubro. Actualmente reside nesta cidade e está a traballar no seu próximo álbum: unha fusión de música de raíces latinoamericana e tradición galega, a terra dos seus antepasados. Neste marco, presentará unha serie de concertos no Modus Vivendi, todos os xoves a partir do 18 de setembro, en formato trío xunto a Quim Farinha e Carlos Freire. Cada concerto será unha viaxe sonora que explorará en directo as interseccións do folclore que conforman o seu novo traballo, coa participación de convidados locais e internacionais. Culminará cunha Jam da terra (Terra Jam), un espazo aberto para reunir e potenciar o diverso folclore que se atopa en Santiago de Compostela. O concerto do 25 de setembro formará parte da programación do Festival Maré, fortalecendo o diálogo entre a música de raíces e salas de renome internacional.
Organizador: Modus Vivendi
Lugar: Praza de Feixó, 1, Santiago de Compostela, 15782