Boyanka Kostova
26/11/2026 - 26/11/2026
Boyanka Kostova, pioneiros do trap en galego, consolidáronse como un dos nomes clave da escena urbana estatal. A súa evolución cara á electrónica levounos a converterse en referentes dunha proposta que eles mesmos definen como urbantrónica salvaxe.
En 2026 celebran o seu décimo aniversario, coincidindo coa publicación de “X”, o seu sétimo disco. Ao longo do ano estarán de xira repasando a súa traxectoria, os seus temas máis recoñecidos e novas cancións. A súa cita en Santiago de Compostela levaraos de novo á Sala Capitol.
Organizador: Sala Capitol
Lugar: Rúa de Concepción Arenal, 5, Santiago de Compostela, 15702