Inicio > Exposiciones > As lecturas de Granell

As lecturas de Granell

28/05/2026 - 31/12/2026

A Fundación Eugenio Granell presenta a exposición As lecturas de Granell, un proxecto comisariado por María Pita e Dolores Villaverde que propón un percorrido pola biblioteca persoal de Eugenio Granell e Amparo Segarra para afondar na relación entre literatura, pensamento e creación artística.

A mostra reúne unha selección de pezas orixinais, moitas delas únicas ou nunca antes expostas, que permiten achegarse á personalidade poliédrica de Granell como artista plástico, escritor, músico, activista político e exiliado. A exposición establece un diálogo entre os libros e a obra plástica do autor, explorando conceptos como surrealismo, arte, política, historia ou literatura.

 

Fecha de inicio: 2026-05-28

Fecha de fin: 2026-12-31

Organizador: Museo-Fundación Eugenio Granell

Lugar: Praza do Toural 8, Santiago de Compostela, 15705