A Voz Humana
11/09/2026 - 11/09/2026
La Voz Humana é unha das óperas máis intensas do repertorio do século XX. En escena, unha muller fala co home que ama… mentres a relación se esfarela ao outro lado da liña.
Protagonizada pola soprano Beatriz Riobó e acompañada ao piano por Carlos Enrique Pérez, esta produción propón unha posta en escena íntima e próxima, con dirección escénica do cineasta Darío Autrán, onde música e emoción se fusionan nun retrato desgarrador de amor, soidade e despedida.
Unha ollada cinematográfica ao escenario.
Unha experiencia directa, sen artificios, que conecta co público dende o primeiro momento.
Organizador: Auditorio de Galicia
Lugar: Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela, 15782